PULSA ESCUELA DE PADRES
PULSA COLEXIO
MATE.CM.5.6EP-1.2ESO
martes, 14 de febrero de 2012
martes, 7 de febrero de 2012
HABILITACIÓNS
INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA IMPARTIR DOCENCIA NOS CENTROS PRIVADOS DO MES DE FEBREIRO DE 2012
A disposición adicional oitava do Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria (BOE nº 62, do 12 de marzo) establece que “Os profesionais que a data de entrada en vigor deste real decreto estiveran habilitados para a docencia da educación infantil, nos dous ciclos, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria, do bacharelato e da formación profesional manterán dita habilitación” e a disposición transitoria segunda do mesmo real decreto prescribe que “As administración educativas procederán no prazo de dous anos desde a entrada en vigor deste real decreto, á acreditación expresa do cumprimento dos requisitos aos que se refire o apartado primeiro da disposición adicional oitava”.
Estes preceptos desenvolvéronse para a Comunidade Autónoma de Galicia na disposición transitoria segunda da Orde do 3 de xuño de 2011, pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional e se establece o procedemento de habilitación (DOG nº 112, do 13 de xuño).
Para a execución da disposición transitoria segunda da Orde do 3 de xuño de 2011 dítanse as seguintes instrucións informativas:
Primeiro.- PRAZO DE SOLICITUDE PARA A ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA O EXERCICIO DE DOCENCIA EN CENTROS PRIVADOS
- A solicitude formularase durante o mes de febreiro de 2012 no enderezo www.edu.xunta.es/habilitacions. Non se admitirá ningunha solicitude efectuada por fóra da aplicación informática.
Segundo.- ¿QUE PERSOAS TEÑEN QUE REALIZAR A SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DA HABILITACIÓN PARA O EXERCICIO DE DOCENCIA EN CENTROS PRIVADOS NESTE MES DE FEBREIRO DE 2012?
a) PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
- Todas as persoas que teñan concedida expresamente unha habilitación de carácter definitivo, con anterioridade ao 13 de marzo de 2010, para o exercicio da docencia na educación infantil e/ou primaria, en calquera especialidade, aínda que nunca prestara servizos en centros privados, agás aquelas persoas que conforme ao apartado terceiro e o anexo da Orde do 3 de xuño de 2011 están en posesión dunha titulación que exime da necesidade de ter unha certificación de habilitación para impartir docencia en centros privados.
- En relación co anterior, a modo de exemplo, recórdase que para impartir as áreas propias da educación primaria (lingua castelá, lingua galega, sociais, matemáticas) non necesita habilitación o persoal que posúa algunha das seguintes titulacións:
o – mestre, en calquera das súas especialidades
o – profesor de EXB en calquera das súas especialidades
o – mestre de ensino primario, en calquera das súas especialidades
b) PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL
- Todas as persoas que teñan concedida expresamente unha habilitación de carácter definitivo, con anterioridade ao 13 de marzo de 2010, para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, aínda que nunca prestaran servizos en centros privados.
- Aquelas persoas que estiveran impartindo unha ou varias materias nun centro privado o día 13 de marzo de 2010, e non necesitasen solicitar no seu momento a certificación de habilitación para impartila/s na educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, por estar en posesión dunha das titulacións establecidas no anexo I da Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG nº 246, do 22 de decembro).
- Aquelas persoas que estiveran prestando servizos nun centro privado de FP o día 13 de marzo de 2010 e non necesitasen solicitar a certificación de habilitación para impartir docencia por estar en posesión dalgunha das titulacións establecidas nos currículos correspondentes aos ciclos formativos que imparten.
c) PARA OS MESTRES QUE IMPARTAN OUS DOUS PRIMEIROS CURSOS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.
- Aqueles mestres que estean impartindo docencia o 13 de marzo de 2010 no primeiro e/ou segundo curso da educación secundaria obrigatoria e continúen impartíndoa.
Terceiro- ¿QUE PERSOAS NON TEÑEN QUE EFECTUAR SOLICITUDE DE ACREDITACIÓN DE HABILITACIÓN PARA IMPARTIR DOCENCIA EN CENTROS PRIVADOS NESTE PRAZO DO MES DE FEBREIRO DE 2012?
- Todas as persoas que impartan docencia nas etapas de educación infantil e primaria e para cada especialidade estean en posesión dunha das titulacións relacionadas no anexo I.2.a) da Orde do 25 de novembro de 1997 ou do anexo da Orde do 3 de xuño de 2011.
- Todas as persoas que teñan unha certificación de habilitación para o exercicio da docencia en centros privados con posterioridade ao 13 de marzo de 2010.
- Todas as persoas que estean impartindo docencia nunha materia en calquera etapa educativa con anterioridade ao 13 de marzo de 2010, que necesitaran habilitación conforme á normativa recollida na Orde do 11 de outubro de 1994, do 24 de xullo de 1995 e do 25 de novembro de 1997 e nunca fixeran a solicitude. Estas persoas farán a solicitude de habilitación nos prazos ordinarios establecidos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011.
- Todas as persoas que estean impartindo docencia nun centro privado non terán que efectuar solicitude de acreditación de habilitación das materias que non impartían o 13 de marzo de 2010, agás cando teñan concedida expresamente a habilitación de carácter definitivo con anterioridade a dita data de 13 de marzo de 2010. Estas persoas farán a solicitude de habilitación nos prazos ordinarios establecidos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011.
- Todas as persoas que teñan unha habilitación excepcional, temporal ou provisional e que deberán regularizar a súa situación, se non o fixeron, a través dos prazos ordinarios establecidos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011.
- Todas aquelas persoas que estean impartindo docencia das linguas estranxeiras en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato e desexen habilitarse excepcionalmente para impartir estas linguas na educación primaria, no mesmo centro ou centros do mesmo titular. Estas persoas farán a solicitude de habilitación nos prazos ordinarios establecidos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011.
- Todas as persoas que non están prestando servizos na actualidade nun centro privado e carecen dunha habilitación expresa. Estas persoas, se reúnen os requisitos actualmente esixibles, deberán efectuar a súa solicitude de acreditación de habilitación nos prazos ordinarios previstos no apartado décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011.
Cuarto.- Documentación que se debe presentar coa solicitude de febreiro
- Aquelas persoas que posúan unha habilitación definitiva expresa unicamente presentarán copia compulsada de dita habilitación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)